Galego
Fundación
Mestre Mateo
Dende o estudio, pola formación, ao servizo
Certame de fotografía
Vign_cartel_certamen_fotog_cecap_fmm
A Fundación Mestre Mateo, FMM, con motivo do 25 aniversario da creación da Federación Galega de Empresas de Formación, CECAP GALICIA, invítate a participar no Concurso de Fotografía "Aprehendendo a Formación".
A nosa dirección
Ampliar Mapa
  Avenida de Lugo 2A bxo.
15702
Santiago de Compostela
A Coruña
España
00 34 981 553 584
00 34 981 591 500
USUARIOS REXISTRADOS
Acceso usuarios rexistrados
Os usuarios rexistrados
poden acceder a esta páxina de uso restrinxido na que terán
acceso a diversos documentos, cursos e  á descarga de arquivos.
Pode solicitar o rexistro dende Contactar
Coñécenos
Vign_arcad_belvis_hogar_015


A Fundación Mestre Mateo, é unha organización de natureza fundacional constituída sen ánimo de lucro, no que o seu patrimonio está afectado de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral propios da institución.

A fundación desenvolve as súas actividades na Unión Europea, principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo que se refire ao ámbito persoal ou ao sector da poboación atendida, a actuación da Fundación circunscríbese a calquera persoa física ou xurídica, que tendo a calidade de asociado de calquera das organización membro integradas na CECAP Galicia, Federación Galega de Empresas de Formación, se encontre interesada en obter ou cubrir algunha necesidade relacionada cos fins da Fundación e as persoas físicas, institucións e entidades que, perseguindo obxectivos análogos aos da Fundación, realicen actividades que coincidan ou sexan complementarias coas dela.


Fins

A Fundación ten por obxecto:

- Analizar e estudiar a realidade social galega, rural e urbana propoñendo e dando respostas axeitadas á súa demanda nos ámbitos educativo, social, cultural, deportivo, económico, medioambiental, da prevención de riscos laborais e da saúde.

- Promover e impartir a formación dirixida á inserción social e/ou mellora profesional, especialmente dos e das mozas e, sobretodo, dos que teñen máis dificultades por carencias educativas, culturais, económicas, de adaptación social, prestando atención ás persoas en risco de exclusión por razóns físicas, sociais ou culturais e fomentando a economía social.

- Programar e impartir formación profesional – preferentemente non regrada, ocupacional e continua- aos traballadores e traballadoras para que manteñan o seu nivel de coñecementos, actualizado e adaptado á realidade social, económica e laboral cambiante.

- Xenerar emprego a través do deseño de proxectos sostibles en función dos recursos endóxenos e dos novos xacementos productivos

- Fomentar iniciativas para o deseño e a producción de medios e métodos didácticos e divulgativos da cultura, ocio, deporte ou formación; divulgar información, mediante publicacións, medios informáticos e audiovisuais; e promover o desenvolvemento tecnolóxico e da sociedade da información

- Cooperación para o fortalecemento institucional de Galicia e o desenvolvemento local e terriotorial nos medios rural e urbán a través da colaboración con Institucións Públicas e Privadas europeas, estatais, autonómicas e locais, impulsando alternativas puntuais e intregrais, solidarias e sostibles.

- Afondar na análise e promover o desenvolvemento de accións que proxecten o coñecemento de Galicia e da lingua e cultura galega no mundo, inventando novos proxectos e colaborando na potenciación dos existentes, máis concretamente os relacionados co Camiño de Santiago.

- Favorecer e estimular a creatividade nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a cultura, a educación, o medio ambiente, a prevención de riscos laborais, o desenvolvemento local e económico, a saúde e deportes, establecendo premios e canles de difusión, realizando estudios, fomentando a investigación, efectuando análises de viabilidade e desenvolvemento práctico e rendible se é o caso.

- Deseñar actividades que faciliten a comprensión da construcción europea, do interculturalismo e da paz, de cara a integrar a identidade singular na globalización.

- Promover accións de fomento da tolerancia, do voluntariado, dos valores constitucionais, estatutarios e de defensa dos valores democráticos e participando en iniciativas de apoio á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e á acción social.

- Axudar a mellorar a formación básica e permanente das persoas
- Idear e desenvolver actividades de ocio, entretemento e benestar, especialmente para os rapaces, mozos, xente da terceira idade e persoas con discapacidade.

- Colaborar, favorecer e procurar a participación e implicación nestes obxectivos do maior número de entidades, especialmente as pertencentes ás Administracións Públicas: Xunta de Galicia, Estado Español e Unión Europea, a través dos diversos organismos que as constitúen.

- Ofertar accións para a mellora das competencias do profesorado e outros profesionais que puideran exercer nos ámbitos de actuación e nos espacios territoriais recollidos nos fins anteriores.

- Fomentar a calidade e a mellora continuada nos ámbitos da formación, o emprego, o ocio, a cultura, o deporte, o medio ambiente e a prevención de riscos laborais.

- Traballar para preservar a historia, a cultura, a lingua e a etnografía galegas.

- Impulsar, estimular e desenvolver accións na esfera privada que faciliten a implantación e o desenvolvemento das políticas de emprego establecidas polas administracións públicas; levar a termo actuacións que posibiliten a información, a orientación, a formación e a promoción profesionais; colaborar no desenvolvemento de programas gubernamentais de emprego, mediante accións específicas a desenvolver nos campos, económico, social e educativo e, especialmente, nos dirixidos a traballadores con dificultades de inserción no mercado de traballo, mozos demandantes do primeiro emprego, traballadores perceptores das prestacións de desemprego, mulleres, traballadores maiores de corenta e cinco anos de idade e discapacitados.



Create a website with WebSelf
© 2011Gl